jueves, 31 de julio de 2008

LE DEBUT DE MES VACANCES EN ESPAGNE


04-07/07 : BARNA


Et voilá, por fin chegan as novas das miñas esperadas vacacións. Xa sei que para vos non eran tan esperadas, pero para a menda si que o eran. xD.
A verdade é que, tamén son como son, e escribo agora que se rematan, pero gueno. Logo xa vos explicarei por qué se rematan.
Bueno, o caso é que en canto rematei o meu stage no IFMA pasei un par de días en Barna grazas a Keké con quen fun ata Barna dende Clermont en covoiturage. E, unha vez alí disfrutei do recevemento de Iñaki, un antigo Erasmus Ifmalien, e da acollida da miña prima e de Lour. Xa tiña ganas de velos. Estivo xenial, e tendo en conta que adoro a cidade e que Lour e a miña familia son xeniáis… todo xa pintaba moi ben. E así foi, foron catro días tranquilos de disfrutar da súa compaña e de promenarme un pouco á miña bola pola cidade.
Aquí tedes un par de fotos e vídeos da miña estadía e de Gael, o fillo da miña prima, que está lindísimo. xD.




08-18/07: VACANCES CON NICO


E sip, este francés decidiu pasar parte das súas vacacións na nosa fermosa terra. xD. Boa elección, Nico.
Fixemos un pouco de todo: bos “repas”, turismo (illas cíes, Santiago, Tui, Vigo, Baiona, Nigrán… Bref, todo o que puidemos tendo en conta que non contábamos con coche propio. Domage ), deporte (kite), relax e un pouco o parvo como veredes na supervídeo. LOL!!!!
Todos, pero sobre todo Nico, disfrutamos destes 10 días.




21-28/07: PTIT VOYAGE EN FRANCE


Foi xenial. Menos menal que o final fumos. Dubidamos porque saíanos, só en viaxes, por un ollo da cara!!! Pero ó final mereceu a pena, non Clara?
Sip, fumos nolas dúas. A “excusa” era o cumpreanos de Nico. Celebrabao o 26 preto da súa casa, en Nantes. Pero non nos compensaba ir ata alí so por 2 días; así que decidimos acoplarnos ó plan da “colloc”: pasar a semana en casa de Polo preto da Rochelle. Semana de “vrai vacances”. Moi, moi ben. Facíanme falta un par de días de descanso, de desconectar e so disfrutar. RELAX. Iso sempre senta ben, a verdade.
E na, aquí déixovos un par de fotiños para que vexades cómo disfrutamos desta semaniña. Pas mal, non?

No hay comentarios: